martes, 28 de octubre de 2014

Cronica

IV Encontro Astur-Galaico

Quero empezar esta crónica polo final ou sexa dando as gracias:

Gracias a todos os grupos asturianos e Galegos que participaron: El Civilu (Oviedo), C.S.P.M. La Luz (Aviles), Sin Fronteras (Muros de Nalón), La Chiruca (Cudillero), Estoupo (Luarca), Peña Furada (Navia), Marques de Casariego (Tapia), Pandela (Vegadeo), Os Roteiros (Pol) Paso Miúdo (Val doOuro)

Gracias a todas aquelas persoas que asistiron de forma individual

Gracias a Juan Novás por doar un pouco do seu tempo de domingo para montar o equipo de megafonia e logo asistir a ruta corta.

Gracias a Amado Lar por deleitarnos e entreternos coa súa musica de gaita.

E sobre todo dar as gracias a todos os “miudiños” que colaboraron na organización deste evento, sen eles non sería posible.

Logo de dar as gracias paso a contar como foron os días anteriores a o evento.

Polo mes de Xullo comezamos a mirar as posibles alternativas que tiñamos para a ruta larga, a ruta corta xa o tiña claro dende o principio, un sábado tras outro subimos a o monte para facer as nosas conxeturas.

Primeiro día: Dolmen de Sto Tomé - Prado das Chantas – Vilacampa - Pau da vella – Ferreira , Imposible de realizar co grupo, (soamente a min e a Javier lévanos 5 horas)

Segundo día: Igrexa da Filomena - Fraga da Furna, a Rivas e mais a min lévanos 2:30,( esta faiásenos demasiado corta)

Terceiro día: Javier Inma e mais eu decidimos ampliar a ruta anterior feita con Rivas, esta vez facemos Dolmen de Sto Tomé - Prado das Chantas – Alto do Cadramón – fraga da Furna – Igrexa da Filomena, (esta alternativa ademais de larga encontramos co problema de que ten un descenso moi pronunciado)

Logo de pasar moitas horas diante do ordenador buscando a mellor alternativa, dou con ela: Candaoso – Riobo – Pau da Vella – Pozo da Onza – Ferreira.

A principio de Outubro enseñolle a ruta corta a os que farán de guia o día do Encontro, e unha semana mais tarde a os da ruta larga.

Xa estaba o motor en marcha soamente faltaba que os grupos confirmaran a súa presenza.

As primeiras noticias non son boas, dous grupos que ían vir mándanme un correo dicindo que por falta de xente non poden asistir, pero o pouco tempo os nosos veciños asturianos empezan a dar boas noticias e así pouco a pouco chegou o día do Encontro

O resto da historia xa o coñecedes porque estabades aí



GRACIAS ….

Angel Rivas



No hay comentarios:

Publicar un comentario